Preguntas

1. ¿Porque apenas hai blogs de dereitas no blogomillo?
2. ¿Porque o BlogZone de PeriodistaDigital non sinalou ningún blog en galego, habendo ducias de textos tódo-los días) e sí o fai en catalán, inglés, francés e incluso vasco?
3. ¿Porque na blogosfera española só tivo eco Fragaga (cojonudo!), o video da Ser e unha frase de Fraga?
4. ¿Porque a blogosfera española sempre menciona que os galegos nin suben nin baixan e respostan cunha pregunta?
5. ¿Porque a blogosfera española nunca enlazou cunha bitácora en galego?
6. ¿Porque a blogosfera española só mencionou a existencia de EleccionesGallegas.com e non o resto do movemento que houbo no blogomillo?
7. ¿Porque a blogosfera española (incluidos os supostos xornalistas 2.0 beta) fixeron análises tan livianas?
8. ¿Porque os xornais só lle están dando valor as irregularidades do voto emigrante agora?

« Premios bitacoras.com | Nova vaca »


About this entry


  1. Hai Cada 22.06.05 / 9pm

    1. Porque en Galiza a dereita non adoita a empregar o galego na escrita máis que cando lle obrigan.
    2. Iso nin idea.
    3. Porque fóra de Galiza Fraga é unha especie de personaxe de comic que da certa risa pero que ninguén se toma moi en serio.
    4. Porque é un lugar común, non na blogosfera, senon en toda España.
    5. Supoño que lles da preguiza ler noutra lingua. A min teñen que recomendarme moito un texto en catalán para que faga o esforzo…
    6. Tampouco creo que o blogomillo falara moito das eleccións autonómicas andaluzas (é un poñer).
    7. � difícil facer unha análise non liviana desde fóra. Máxime cunha realidade tan diversa coma a galega. ¿Pode alguén que só coñece Vigo, Coruña e Santiago dicir qué ocorre de verdade en Galiza? Eu diría que non. Por outro lado, creo que os resultados electorais post-Prestige deixaron un pouco desconcertados respecto de nós ao resto de España, polo menos, á España de esquerdas.
    8. Porque sempre nos acordamos de Santa Bárbara cando tronan, din…
    Saúdos.

  2. ArvPart 23.06.05 / 8am

    6. Non me refiro a falar das eleccións. Con tantos blogalitas analizando os movimentos da cultura blog, sorpréndeme que non lles chegaran os ecos da explosión bitacoreira en Galicia e algúns dos seus movementos. Pero bueno, non deixamos de ser un recuncho pequeno.

    Por certo, non tódos pasaron do tema. Periodistas21 posteou bastante, e con bastante contido.

Have your say

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>




Safari hates me